Concurso literario Contos no MediterráneoO Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona, o Instituto Camões de Barcelona e mais o Espazo Galego dos Països Catalans organizan a IV edición do concurso literario Contos no Mediterráneo, dirixido a aquelas persoas que estudaron ou están a estudar galego ou portugués nos territorios de fala catalá.
Neste premio literario existe liberdade normativa e priorizarase a calidade e creatividade literaria sobre a corrección lingüística.
Para participar cómpre seguir o seguinte regulamento
Artigo 1
O concurso comprende dúas categorías:
A. Menores de 18 anos
B. Maiores de 18 anos
Artigo 2
Cómpre escribir un relato en galego ou portugués a partir dun tema de libre elección. A extensión será de 1.000 a 2.500 palabras. Na categoría A, alén de relatos, tamén se pode participar con outro tipo de textos como poemas ou banda deseñada. Deben presentarse sete copias do traballo mecanografadas a duplo espazo. O texto debe ser anónimo e inédito (permítense textos publicados en blogue sempre que non se comprometa o anonimato). Os sete exemplares serán enviados nun sobre de formato grande e na capa o autor indicará o seu pseudónimo, o título da obra e a categoría. No interior incluirase un sobre pequeno pechado que conteña a fotocopia do documento de identidade, os datos persoais que se indican no boletín de participación e mais un disquete ou CD co documento gardado en formato rtf. O pseudónimo, o título da obra e a categoría en que se participa tamén deben aparecer escrito fóra deste sobre pequeno.
Artigo 3
Os orixinais enviaranse a este enderezo:
Contos no Mediterráneo
Departament de Filologia Francesa i Romànica
Edifici B
Universitat Autònoma de Barcelona
08193 Bellaterra (Barcelona)
Artigo 4
A data límite de presentación dos orixinais é o 14 de maio de 2010. A entrega oficial do premio será o venres 4 de xuño ás 19.30h no Centro Galego de Barcelona (Rambla dels Caputxins, 35-37). |
|
Artigo 5
Os textos serán sometidos a un xuri composto por cinco membros nomeados polas entidades organizadoras do concurso.
Artigo 6
Os textos non solicitados non serán devoltos aos autores/ ás autoras.
Artigo 7
PREMIOS DA CATEGORIA A
1º iPod nano, lote de música, lote de libros, camisolas
2º Obsequio de Sargadelos, lote de libros, camisolas
Os tres premios inclúen, ademais, materiais didácticos de galego e de portugués.
3º Lote de DVDs, lote de banda deseñada, lote de música, lote de libros, camisolas.
Os tres premios inclúen, ademais, materiais didácticos de galego e de portugués.
PREMIOS DA CATEGORIA B
1º 1.000€
2º Viaxe a Lisboa para unha persoa
3º Obsequio de Sargadelos
Os tres premios inclúen, ademais, un lote de libros e materiais didácticos de galego e de portugués.
Todos/as os/as finalistas recibirán un premio e un diploma. No acto de entrega serán convidados/as a un aperitivo cos membros do xuri.
O xuri pode declarar deserto calquera dos premios.
Artigo 8
Os textos premiados polo xuri serán publicados no sitio web do concurso
e mais no do Espazo Galego dos Països Catalans, así como na sección de
Barcelona do portal Vieiros.
www.contosnomediterraneo.cat
www.vieiros.com/edicions/14/
barcelona
As entidades organizadoras resérvanse o dereito de editar os textos nos medios que consideraren oportunos.
Artigo 9
As decisións do xuri non poderán ser recorridas. O simple feito de participar presupón a total aceptación do presente regulamento.
DESCARGAR PDF |